27/01/14

Animal QSS 6


Animal Bikes: QSS 6 from Animal Bikes on Vimeo.

Hai xa unha semana que temos entre nós a nova entrega de Animal titutalada simplemente ''QSS 6''. Flípame que unha marca tan clásica nalgúns aspectos estea dominando o xogo dos webvídeos de maneira que non teñamos que esperar 4-5 anos para ver clips novos de xente coma Tom White, Edwin (saiu no QSS5) etc.

Hai partes enteiras de Ben Lewis e Mark Gralla principalmente gravadas na viaxe de Animal a Tokyo, ademais dunha sección da crew Chocolate Truck que merecidamente está recibindo máis e máis atención. Dentro da política Animal podemos encontrar ademais clips soltos de xente variada (con especial mención a Hoder) polo que o aburrimento non é unha opción. Canto molaría que Animal sacase un DVD recopilatorio de todos os QSS nunha edición especial? Ralph Sinsi abre as orellas yo!

Sem comentários:

Enviar um comentário