Mostrar mensagens com a etiqueta Lotek. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Lotek. Mostrar todas as mensagens

14/03/13

Lotek 2013




Xa fora poñendo polo blog algunha que outra foto espía que encontraba pola rede dos novos Lotek e finalmente aquí está a súa presentación oficial. Sempre fun bastante escéptico en canto a Lotek polas experiencias de 3ªs persoas, pero todo eso cambiou cando me pillei uns Aitken e podo afirmar con rotundidade que son os mellores tenis que tiven xamais para montar. A nova liña vese especialmente coidada, concretamente sendo os meus favoritos os Atiken novos ou os promodel do Garrett Reeves (ben merecidos despois dun ano PARTINDO a web con cantidade de webvídeos e presenza mediática de todo tipo)

11/09/12

Lotek snapbacks

Personalmente preferería que Hirsch tivese optado por cores algo máis orixinais, aínda que non vou negar que serei o primeiro en intentar pillarme unha destas!




25/06/12

BMXFU/LOTEK GoPro Test 1/2

Falaba o outro día cos colegas da zona de Bueu, Marín e proximidades varias sobre estes vídeos de BMXFU rulando coa GoPro amarrada a diferentes partes da bici. Os resultados son moi interesantes como podedes ver!




BMXFU/LOTEK GoPro Test 1 from Charlie Crumlish on Vimeo.







BMXFU/LOTEK GoPro day2 from Charlie Crumlish on Vimeo.

18/06/12

Probando os Lotek Fader

Se estabades interesados nos Lotek Fader (promodel de Craig Passero), mais non vos fiabades de se Lotek realmente mellorara os seus materiais ou non botádelle un ollo a esta reseña que fan de eles en DiversityBMX.

Por suposto e como moitos xa supuxestes vou aproveitar para postear o seu vídeo para promocionar os tenis que ao mesmo tempo é a súa parte no vídeo de BMXFU ''Guystuff''. Como diría Christian Silva, CUIDAO! haha.




11/05/12

Lotek samples

Fresh!





Craig Passero Fader promo/ Guy stuff

Posteado en todos sitios (e con razón), seino, pero por se hai algún empolado por aí que aínda non vira estes 5 minutos de puro fire voulle facer un gran favor.

Craig Passero definitivamente púxose a traballar duro para poder gravar este banger de sección para o vídeo de BMXFU ''Guystuff'', e realmente se vedes vídeos seus máis antigos é obvio que o seu riding madurou, facéndose máis diverso e divertido de ver sen estar tan atafagado de barspins.

 Como funcionan eses manual opposite 180 bonk!!? Desfase.





10/02/12

That new newww

Como de vídeos andamos servidos, poño estas fotos que atopei de camiño ao Nirvana:

1. Todos estaremos de acordo en que o rastafarismo está presente en cada BMXer que fuma chuscos; que somos todos, e polo tanto resulta case lóxico que levaran a moda máis alá como para facer este manillar coas cores de Jah, Judah e a puta virgen. Concretamente, son os signature bars de Colt Fake para a marca de Sean Burns; Bone Deth. Nice.


2. Garrett Reeves xa ten modelo propio, e non era sen tempo. Desde a súa parte no vídeo de OSS e na da  mixtape de Lotek leva demostrando que é un dos street riders máis creativos na actualidade. Nin que dicir ten que as zapas están riquitas.








27/01/12

Lotek 2012

A nova liña da marca de Rich Hirsch para 2012; esteticamente impecable coma sempre. Ademais do aspecto, engadir que estes Lotek teñen a sola/plantilla redeseñada polo que agardo que contenten a todo o mundo.




14/01/12

Moitos comentarios describíano como o vídeo web perfecto, e non podería estar máis acordo. Trucazos técnicos e orixinalidade, engorile para antes de ir montar e chillin para ver tomando unha birra; teno todo. Por riba das habilidades de Craig Passero (que monta para Stranger acutalmente e ten un cuadro promodel que podedes ver aquí ) a canción coa que o editaron resulta ser perfecta. Xa calo.

Lotek Presents: 48 Hours In NYC With Craig Passero. from www.thecomeupbmx.net on Vimeo.