18/01/12

Cult freecoaster

Neste bikecheck de Timmy Theus, que monta para Sun Ringle, Vans e Cult, reparei en que como buje traseiro leva un prototipo de freecoaster de Cult. Despois de informarme un pouco máis en The Merged (unha páxina adicada unicamente a pezas de BMX) souben que está nas fases iniciais de proba e que pouco se sabe aínda do que vai ser, mais resulta unha xogada lóxica por parte de Cult tendo en conta que xa sacaron aro e buje dianteiro ademais de porque unha parte considerable do equipo monta con freecoaster (Alex Kennedy, Joe Vee, etc.) Aquí vos quedan unhas fotos:





Sem comentários:

Enviar um comentário