Mostrar mensagens com a etiqueta cultcrew. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta cultcrew. Mostrar todas as mensagens

19/08/13

Cult Crew AK sessions



Cult continua coa sua serie de videos Sessions. Esta vez tocoulle a AK. Algúns trucos moi tochos como o oppo ice na baranda-bordillo, o tireslide do principio ou o fakie crook a 360.

24/11/12

Crítica de ''Talk is Cheap''


Semella que nunca teño suficientes palabras para expresar o meu desexo por ver este puto vídeo. Despois de entrevistas, fotos e unha promo chéganos agora o máis próximo a ver o vídeo sen velo; unha crítica; feita neste caso por Rob Dolecki. Moitos moitos datos interesantes que nos son rebelados: unha duración de 53 minutos, sección completa de Dave Krone (o que se supón que será o paso previo a que o poñan en pro) e a sección final de Dakota terá unha duración de 9 MINUTOS ademais de que o seu banger clip é algo só feito por Chris Doyle en dirt (???) Heavy. Premede na foto e frikeade duro.

21/11/12

Shawn Swain ''Guy Stuff''


A parte de Shawn Swain para o último vídeo de BMXFU ''Guy Stuff''. Bangers e bangers, creatividade parda. Miles de moves de sprocket stall, railrides, handplants e mesmo un unluc-e grind hard 180 coa punta do rabo (polo que o do vídeo de Cory Wizgnslkgnsl deixa de ser o primeiro xamais feito)

SWAIN STUFF

12/10/12

10 datos do Talk is Cheap

Esta finde ten lugar o esperadisísimo vídeo da squad de Robbie Morales. Premede na imaxe para saber canto tempo leva Navaz a editar o vídeo, canto vai durar ou que seccións vai haber!




03/10/12

Javi Castilla X Cult

O colega Javi Castilla estivo por estas terras este verán e ripea tan duro na bmx como na pista da Karma, haha. Falando en serio, o canario demostra por que Cult se interesou en el con liñas interminables, nomeadamente (para o meu gusto) ese crankslide over, 360 e 180 bars ou a mesmamente a última liña. No hay máh whihky!

PD: Gravado en parte polo colega Discordia ao que puidestes ver no noso último vídeo como as putas maracas! Ide ver tamén o tumblr do seu proxecto; SkylineCo.




27/08/12

Dehart

Nun wallride moi colorido. Entrados no tema de Cult, a premiere do esperadísimo ''Talk is cheap'' será o 13 de outubro en Austin (creo), o cal quere dicir que para o Nadal xa poderemos facernos co DVD da compañía de Robbie Morales!




08/08/12

Novas camis Cult

Hoxe de roupa vai o rollo e Cult non ía ser menos. Premede na imaxe para ver o resto.





24/07/12

Cultcrew ten tumblr

E dado que entre a Cultcrew están moitos dos nosos favoritos recoméndovos que o sigades! Aquí.




16/07/12

Mono en Cult e en OSS

Xa dixera había un tempo que cría que o Javi Castilla e o ''Mono'' montaban para Cult; o que non sabía é que Mono monta agora tamén para OSS (supoño que froito da recente visita de Adam22 a Barcelona) e que o seu vídeo terá a súa premiere en TCU! Parabéns para os dous porque verdadeiramente ripean moi duro.

Info obtida de LAcostanorte.




26/06/12

Camis Cult

Tendo en conta agora teño suor ata na última glándula do meu corpo estas camis de Cult veñen no mellor momento!