16/01/12

Mark Gralla/Skavenger

Estaba pensando un día no por que do éxito masivo dos vídeos de Skavenger/Animal entre a gran maioría da xente, e cheguei á conclusión de que se trataba de que sabían plasmar de maneira maxistral os spots do día a día nos que todos montamos, sen chegar a ser cousas desproporcionadas de 18 escaleiras nin súper varandas. Xunto cos spots, o riding en cada un deles é excepcional e como xa dixera anteriormente sempre saben exprimir o 100% das formas máis raras que lles ofrecen as rúas de NYC. Pois ben, un dos estandartes de Animal, Skavenger e do street riding en xeral é Mark Gralla. Less is always more.






Sem comentários:

Enviar um comentário