17/01/12

Zach Krejmas, boss diante e detrás da cámara.


Como blogger de contidos relacionados co mundo da bmx, son consciente ao igual que todos que o gran ''inimigo'' a batir é TCU. O de inimigo é obviamente figurado, xa que sinto un gran respecto por todo o que leva conseguido ata o momento e son un lector habitual desa páxina. O sentido de inimigo é o de fuxir do contido mainstream e o de facer un blog interesante que non consista simplemente en pegar e copiar desde TCU.

Pois ben, hoxe non me puiden resistir porque o rider en cuestión, Zach Krejmas, era alguén que xa levaba seguindo un tempo antes de que entrara en Stranger incluso. Neste vídeo para OSS (a compañía de Adam Grandmaison, xefe de TCU ao mesmo tempo) podedes ver liñas orixinais deste rider pegless freecoaster fluíndo polos spots da costa oeste dos States.


Zach Krejmas OSS Edit from On Some Shit on Vimeo.


Se quedastes con ganas de máis, recoméndovos encarecidamente que vexades un vídeo que produciu antes de dar o salto á fama con Stranger, chamado ''Children of the Concrete'' que tedes que ver aquí. Combinación de música-riding perfecta e ademais transmite esa sensación de verán que tanto estrañamos os que temos que lidiar co inverno galego.

Marcho montar falamos chachos!











Sem comentários:

Enviar um comentário