A xente de Ridebmx debe ter algún tipo de fetiche coas mans desfeitas, porque xa
nesta entrevista a Ryan Nyquist mostraban unha imaxe da súa man practicamente diseccionada. En fin, perversións sexuais á parte, a foto noxenta de hoxe correspóndelle ao bikecheck/entrevista que lle fan ao noso rider-alcohólico favorito, Josh Stricker. Nela cóntanos un pouco os cambios recentes que fixo na bmx, operacións e sobretodo e máis importante un proxecto de compañía chamado ''Speed Ghost'' co que trata de devolver esa estética rock 'n roll ao mundo da BMX. Moi interesante, seguireille a pista e mantereivos informados.
Apuñalade a foto para acceder á entrevista!

Sem comentários:
Enviar um comentário