Se es un dos 10 lectores que debo ter, lembrarás que cando falei do freecoaster argumentaba que era lóxico xa que contaban con buje dianteiro/aro dianteiro, e agora tamén con cassette. O curioso deste cassette é que, ao contrario doutras marcas que tratan de convencer ao comprador de que reinventaron o mundo do cassette por unha cousa ou pola outra, os de Cult decidiron optar polo seguro e puxéronse en contacto con Primo, sabendo que o Primo Mix é un dos bujes con mellor reputación entre a xente que monta en street. Polo tanto, pagamos por un Primo Mix con distinta imaxe; é unha opción un tanto cómoda na miña opinión, mais é honesta e polo menos sabemos que imos pagar por unha peza xa de sobra testada.
Velaquí unha foto da roda dianteira e do buje.


Sem comentários:
Enviar um comentário