1) Primeiramente esta foto de Garrett Reeves facendo o que mellor fai, un gap a wallride que data do 2009 cando a crew de OSS fixera a súa primeira viaxe a NYC.
2) Randy Brown acaba de montar a súa bmx, e coincide tanto co meu gusto que decidín compartila. Ese verde do seu cadro signature vese moi guapo!
3) Deixei o mellor para o final, xa que en BMXFU localicei esta fotografía que recolle un truco que polo menos eu nunca antes vira. Trátase dun tobbogan clásico coa diferenza de que neste caso o tipo mete a man A TRAVÉS DA BARRA DO MANILLAR para tocar o sillín; vaia animalada. Na website nomean o truco como ''Lucky dip'' xa que es afortunado de executalo sen perder un brazo (canta razón)



Sem comentários:
Enviar um comentário