Mostrar mensagens com a etiqueta OSS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta OSS. Mostrar todas as mensagens

18/11/13

OSS move makers


Adam Grandmaison non para e xunto coa apertura da nova tenda de OSS en LA presentou a nova liña de roupa/complementos de OSS, entre os que chamou a miña atención o primeiro cinseiro dunha marca de bmx que se une ás petacas e demais ferramentas que usamos os bmxers para manter a forma.



10/07/13

OSS ''Ruin your whole summer''



Xa desde que vin ao Adam22 empregar o hashtag #ruinyourwholesummer sospeitaba a publicación dun novo vídeo longo da crew con base en Long Beach, CA. Son 30 minutos de riding por parte de todo o team de OSS con seccións completas de Alex Raban, Craig Passero, Mono, Charlie Crumlish, Zach Krejmas Alex Donnachie e máis. Todo o vídeo está editado con rap (Gucci Mane, Riff Raff, etc.) e a edición está firmada polo Chuck Crumlish polo que sabedes que sabedes todas as paranoias e triposidades do vídeo. É interesante dicir que é o primeiro vídeo longo de OSS gravado en HD (Football e Denver Nugs foron gravados coa clásica Panasonic de Mike Mastroni)
Acompañando a publicación do vídeo tamén están á venda os novos deseños de OSS (algúns de eles moi moi cutres na miña opinión) que podedes adquirir na tenda de TCU.



24/06/13

OSS ''Ruin your whole summer''



Se Gucci Mane está petando no fondo do vídeo hai un 90% de probabilidades de que se trate da OSS crew. ''Ruin your whole summer'' é o título do seu novo vídeo e este é o seu tráiler. Entre as súas filas conta con algúns dos riders máis populares do momento (Stevie Churchill, Alex Donnachie, Garrett Reeves, Craig Passero) ademais de outros que non publican con moita frecuencia webvídeos (Mike Mastroni, Tate Rosekelley, etc.) o que o fai máis emocionante. Tiveron a moi boa idea de facer unha premiere simultaneamente en Long Beach e na internet o 3 de xullo. De tanto comer as uñas vou ter que teclear cos muñóns; MOI ENGORILADO.

03/10/12

OSS ''Denver Nugs''

O vídeo da compañía de Adam Grandmaison ve por fin a luz no mundo da internet. Comentar que xa nun principio regalaban o vídeo con cada pedido realizado a Thecomeup, e xustamente un ano despois da viaxe a Denver decidiron liberalo para o noso deleite. Adam foi (e de feito é) moi listo á hora de compoñer o equipo, xa que hai unha gran variedade de estilos o que lle confire ao vídeo unha frescura non moi frecuente hoxe en día. Craig Passero destruíndo TODO basicamente, Charlie Crumlish cos 4 pegs e o freecoaster e xente pegless coma Tate Rosekelly (footjam nosepick 360 crankflip!??) ou Zach Krejmas. Definitivamente o 2º mellor vídeo do día (o 1º o noso obviamente) Védeo!!





16/07/12

Mono en Cult e en OSS

Xa dixera había un tempo que cría que o Javi Castilla e o ''Mono'' montaban para Cult; o que non sabía é que Mono monta agora tamén para OSS (supoño que froito da recente visita de Adam22 a Barcelona) e que o seu vídeo terá a súa premiere en TCU! Parabéns para os dous porque verdadeiramente ripean moi duro.

Info obtida de LAcostanorte.




20/06/12

Riff Raff en Mad Decent

O rapeiro Riff Raff acaba de firmar co selo discográfico de Diplo e para conmemoralo pretenden celebrar esta festa!



E agora preguntarédesvos, '' a conto de que pon este retrasado tremenda parvada?'', pois resulta que os de OSS fixeron unha pegata baseándose nunha das súas letras para xusto despois aparecer xente coma Alex Platt e Alfredo Mancuso na gravación do seu vídeoclip!












31/03/12

BMXFU x OSS Top Secret Long Beach DVD

Sei que apareceu en TCU, mais para aqueles que non sigades a páxina de Adam22 TEDES que ver este vídeo. Son 13 minutos con clips de: blunts, bangers de Mike Taylor (algúns deles no seu épico vídeo para Gsport de hai xustamente un ano), un 360 nosebonk de Garrett Reeves incrible, Seinfield, festa e todo coa edición máis trippin que vistes na vosa vida. Instant classic.



BMXFU x OSS Top Secret Long Beach DVD. from Charlie Crumlish on Vimeo.



09/03/12

G Reeves back at it.

Despois dunha lesión que o mantivo lonxe da bici un tempo, o puto chefe volve estar ao 100% gravando para o próximo vídeo de OSS (non sei se se tratará dun DVD ou dun web vídeo) Shinin'.




21/02/12

Random shit

Parecíame esaxerado adicarlle un post a cada unha das fotos así que decidín publicalas xuntas baixo o título que figura enriba.

1) Primeiramente esta foto de Garrett Reeves facendo o que mellor fai, un gap a wallride que data do 2009 cando a crew de OSS fixera a súa primeira viaxe a NYC.




2) Randy Brown acaba de montar a súa bmx, e coincide tanto co meu gusto que decidín compartila. Ese verde do seu cadro signature vese moi guapo!




3) Deixei o mellor para o final, xa que en BMXFU localicei esta fotografía que recolle un truco que polo menos eu nunca antes vira. Trátase dun tobbogan clásico coa diferenza de que neste caso o tipo mete a man A TRAVÉS DA BARRA DO MANILLAR para tocar o sillín; vaia animalada. Na website nomean o truco como ''Lucky dip''  xa que es afortunado de executalo sen perder un brazo (canta razón)




30/01/12

Alex Raban/ Chef Chachi

Estes días tiña pensado estirar uns puños vellos que andaban ciscados pola miña casa e lembrei este tutorial feito polo alterego de Alex Raban aka Chef Chachi onde nos aconsella como estirar os puños cocéndoos.
BOILING TIME!




Como sempre me gusta facer, aproveito para poñervos un vídeo do mesmo rider para On Some Shit con combos moi técnicos e gaps moi tochos por Austin, Texas. PumPum.


Alex Raban OSS Welcome Video. from On Some Shit on Vimeo.








24/01/12

Novas gorras OSS

Localizei esta foto no twitter de Adam22, as novas gorras OSS. Que dicir do guapa que está, ''a los hechos me repito''. Chequeade a páxina de OSS onde hai entrevistas con xente como Craig Passero, Garrett Reeves ou Charlie Crumlish. Nice




17/01/12

Zach Krejmas, boss diante e detrás da cámara.


Como blogger de contidos relacionados co mundo da bmx, son consciente ao igual que todos que o gran ''inimigo'' a batir é TCU. O de inimigo é obviamente figurado, xa que sinto un gran respecto por todo o que leva conseguido ata o momento e son un lector habitual desa páxina. O sentido de inimigo é o de fuxir do contido mainstream e o de facer un blog interesante que non consista simplemente en pegar e copiar desde TCU.

Pois ben, hoxe non me puiden resistir porque o rider en cuestión, Zach Krejmas, era alguén que xa levaba seguindo un tempo antes de que entrara en Stranger incluso. Neste vídeo para OSS (a compañía de Adam Grandmaison, xefe de TCU ao mesmo tempo) podedes ver liñas orixinais deste rider pegless freecoaster fluíndo polos spots da costa oeste dos States.


Zach Krejmas OSS Edit from On Some Shit on Vimeo.


Se quedastes con ganas de máis, recoméndovos encarecidamente que vexades un vídeo que produciu antes de dar o salto á fama con Stranger, chamado ''Children of the Concrete'' que tedes que ver aquí. Combinación de música-riding perfecta e ademais transmite esa sensación de verán que tanto estrañamos os que temos que lidiar co inverno galego.

Marcho montar falamos chachos!