Ultimamente estiven atendendo outros aspectos da miña vida e non puiden prestarlle ao blog a atención que merece (sona como se tivera unha vida moi interesante a que si?)
Para retomar a recta vía outra entrega de clásicos para refrescarvos a memoria ou para que descubrades vídeos que pasastes por alto. Este vídeo en cuestión fora o meu favorito por moito tempo cando saíra. A distribuidora 4down é coñecida pola calidade dos seus vídeos, e se ademais contas co equipo de Fitbikeco UK coa adición de Dakota o resultado só pode ser bo. Os spots, a música e un Alex Kennedy sen pegs e con cassette (xa choveu desde aquela non si?) son razóns de peso para que o vexas.
Channel 4Down :: On The Road With 001 from Channel 4Down on Vimeo.
Sem comentários:
Enviar um comentário