Mostrar mensagens com a etiqueta 4down. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 4down. Mostrar todas as mensagens
13/08/13
Goodbye 4down garden ramps
Os da distribuidora inglesa de 4down tiveron que demoelr estas rampas abaixo despois de anos de uso. O video é unha recopilacion de momentos nestas rampas. Vemos a Fathead facendo o mongol, a AK rampeando con 2 pegs e sen free e a rob castel de mega drop para o castelo hinchable.
25/12/12
4down: At home with Fathead
En DRDB somos cada vez máis fans do Fathead, tanto porque imos coñecendo máis o inglés que é (dentes destruídos CHECK, San Miguel CHECK) ademais do extraordinariamente talentoso que é nunha bmx. O vídeo empeza de carallada, pero nada máis lonxe da realidade porque o tipo RIPEA. Moi atentos.
PD: Canto teñen que aprender moitas distribuidoras de aquí que unicamente patrocinan a riders interesados e non se molestan en facer un mísero vídeo.
10/12/12
Chris Currie no skatepark de 4down
Pensándoo ben, é unha boa putada ter o teu vídeo no skatepark de 4down despois de que Corey Martinez e sobretodo despois de que Ben Lewis REBENTARAN O LUGAR, pero por outra banda, resulta curioso e refrescante ver o contraste de 4 peggers/pegless en canto aos trucos.
Pedal grinds, crankslides, nosemanuals e máis trae Chris Currie neste vídeo representando a 4down e a S&M.
31/03/12
Un día con Owain Clegg
O vídeo ten cerca dun mes, mais é moi interesante ver como Owain Clegg compaxina unha vida familiar, un traballo e continuas misións na busca de spots. O plano inclinado onde aparece montando pinta demasiado ben!
At Home With Owain Clegg from Channel 4Down on Vimeo.
13/03/12
Clásicos #4
Ultimamente estiven atendendo outros aspectos da miña vida e non puiden prestarlle ao blog a atención que merece (sona como se tivera unha vida moi interesante a que si?)
Para retomar a recta vía outra entrega de clásicos para refrescarvos a memoria ou para que descubrades vídeos que pasastes por alto. Este vídeo en cuestión fora o meu favorito por moito tempo cando saíra. A distribuidora 4down é coñecida pola calidade dos seus vídeos, e se ademais contas co equipo de Fitbikeco UK coa adición de Dakota o resultado só pode ser bo. Os spots, a música e un Alex Kennedy sen pegs e con cassette (xa choveu desde aquela non si?) son razóns de peso para que o vexas.
Channel 4Down :: On The Road With 001 from Channel 4Down on Vimeo.

Subscrever:
Mensagens (Atom)