Como estiven a dicir ultimamente en algúns posts, vídeos e soños eróticos, a 1ª Jam deste pequeno blog e sobretodo grupo de colegas é xa unha realidade. Este cartelazo foi feito por Carlos Jamardo aka Shoker, que dalgunha maneira levou ao papel (pilládelo a que si?) as miñas ideas sobre o que quería no meu cartel.
Considero que está todo bastante ben explicado tendo en conta que non hai nada que explicar: non hai inscripción, non hai límite de idades, non hai categorías; só 3 spots (os bordillos vermellos onda o centro comercial Laxe coñecidos por todos, as escaleiras do Náutico e a varanda do antigo skatepark do Areal) e moita diversión.
Cheguemos á parte saborosa; como fago para gañar algo? Pois haberá premios (aínda por confirmar exactamente cales) para aquel que:
1. Faga o mellor truco do día.
2. Tivese o mellor estilo durante a tarde.
3. Sufrise a maior caída.
Quen será o merecedor de cada unha das categorías será decidido polos organizadores (un servidor amén doutra xentalla) tras horas de deliberación etílica, haha.
Nada máis, vémonos o 21 chachos!! 66666666666666999999999!

Ponlo en español también caraejroto
ResponderEliminar