15/08/12
Diogo Santos
Que dicir deste tío? Estabamos todos montando apaciblemente no Berbés cando aparece da nada un portugués cun bigote estilo Luigi partindo o puto spot: bars manual oppo bars, hop truck driver, whips para ambos lados... O mellor de todo é que malia ser así de bo, era dos tipos máis humildes que coñecín (canto ten que aprender de el algún que outro pro) e estivo connosco bebendo unhas o día antes das clasificatorias de pro. Todos agora vamos comprar o seu colorway do cadro Corvo para apoialo e que reciba a pasta que merece. Xusto hoxe ademais sacou un vídeo que polo que din é enorme (eu aínda non o vin, pero estou seguro de que así é) que todos debedes ver. O patrão!
EDIT: Desculpade a miña ignorancia... ESTE VÍDEO É UN PUTO PEPINO; cousas como double peg normal e de oppo a whip normal e de oppo respectivamente, crankslide subindo a varanda a barspin e o banger rollo The Bakery fan deste vídeo un must watch.
The office #2 - Diogo Santos from The Office on Vimeo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário