Un mes máis tarde aquí está o vídeo da 6669 jam. O explicable xa está explicado na descrición, vou aportar nada máis uns datos curiosos:
1) O día anterior, miña moza, un colega e máis eu enchímonos ao BESTIA (numerosas copas de LK e uns chupitos de absenta son as probas que vos presento) e case quedamos durmidos o día da Jam. Nin que dicir ten que a primeira hora miña no megáfono aínda conservaba ese estado.
2) Os premios chegaron menos dunha semana antes da jam e de feito houbo momentos que pensei que non chegariamos a ter nada.
3) Púxenme en contacto cun 90% das tendas/distribuidoras da península e 360BS foi a única que me contestou e acabou por apoiar a jam. Obrigado güeis!
4) Durante o transcurso da jam morreu unha cámara (a de Nico cando probou por primeira vez o 180 subindo as escaleiras do Náutico no 1:10) e unha biela Fly (Pablo facendo un feeble no Areal a 900 mph)
5) Supostamente os skaters máis célebres de Vigo querían ter beef connosco por montar nos ''seus'' (WTF!!???) spots. Nada pasou ao final.
6) Se queredes rockear unha camiseta guapa como a que levo eu desde o minuto 3:22, estarán á venda proximamente por nada máis que 10 € (apoiade o movemento!)!
7) Raisa era totalmente consciente do seu seno na cámara e quixo que aparecera para gañar un lugar en ''Peitos ben feitos''.
Sem comentários:
Enviar um comentário