06/08/12

Macneil's 101 Vimeo Videos edit

Non vou mentir, este post foi ao 200% roubado de TCU, mais póñoo igualmente porque me pareceu un concepto moi interesante. Macneil leva publicando vídeos en Vimeo xa desde o 2008, que 5 anos despois chegaron a ser nada menos que 100 vídeos (tede en conta que nos levamos 8 meses en activo e tan só temos 5 vídeos!)

Para conmemorar este feito, Macneil decidiu crear o seu vídeo número 101 collendo un clip de cada un deses 100 vídeos, resultando en 9 minutos de metraxe que repasan a súa historia recente! Definitivamente nótase que Defgrip e Macneil comparten compoñentes!





Sem comentários:

Enviar um comentário