06/08/12

Ride among friends: Vigo


Xa o día da 6669 Jam, Ángel faloume un pouco sobre o proxecto que Radio BMX Magazine, Ride to fuck e Ronink Media teñen entre mans. O espírito que move ''Ride among friends'' é o de sobrepasar as barreiras das diferenzas de nivel e montar todos xuntos, co gran aliciente de ter un filmer que deixe constancia deste bo rollo entre bmxers para crear un vídeo a nivel estatal no que tanto pros coma non pros compartan escena, gañando o bmx e non unha estrela individual cun banger de vídeo.

Por que vos debería importar coñecer a fondo o proxecto? Pois porque ademais de que o resultado vai ser sen dúbida interesante, os días 8, 9 e 10 de agosto o ''Ride among friends'' vai ter a súa parada na cidade de Vigo, máis concretamente tendo lugar nos spots que xa se visitaran na Jam 6669 con algún engadido (Berbés, Zona Laxe, Náutico, Areal, etc.)

EDIT: A jam vai ter lugar o día xoves 9 ás 17:00 diante da Laxe!! Vémonos!

A Jam organizada por DRDB compartía esta filosofía de andar na bmx coñecendo xente nova sen necesidade de competir, e Ride Among Friends pretende acadar un éxito igual, senón superior polo que vos aconsello como bmxer eu mesmo que vos acheguedes á cidade viguesa para pasar un día ben guapo e quentar para o Marisquiño! Toda a información extra que me vaia chegando será transmitida polo blog, así que andade atentos güeis!!






Sem comentários:

Enviar um comentário