22/09/12

DRDB Putos orixinais

''Putos orixinais'' será unha sección na que tratarei de compoñer eu contido orixinal ao respecto de cousas que considere interesantes.

O espectacular, excelente, marabilloso, espléndido tráiler de Deadline (non existen adxectivos que podan expresar como puxeron ao mundo do BMX estes cabróns) fíxome plantexarme unha cousa; que vídeo(s) debería comprar este ano? Hei recoñecer que ata o momento o meu frikismo permitiume descargar os vídeos que me interesaban de webs rusas perdidas polo Google, mais agora que eu mesmo me encontro co proxecto de facer un vídeo penso que no lugar de invertir eses 10-15 euros en trampas varias sería mellor destinalos a un bo vídeo de bmx.




Máis de 4 anos invertidos no vídeo, os mellores riders de street do mundo (esteas a favor en contra de estilo>trucos ninguén pode discutir isto) e Tony Ennis (filmer e editor de vídeos coma a promo de The Trip, End Search, etc.) na VX e no editing. Probablemente o vídeo #1 a ter en conta.






Se levas máis de 20 minutos seguindo o blog teráste decatado de que somos moi fans de todo o que fai DUB: os vídeos, a música, as jams, a mentalidade, os deseños das camis e por suposto os chills not skills..
DUB experimentou un gran crecemento da súa audiencia xa desde o seu primeiro vídeo DUB BCN , ao que seguiu o primeiro tráiler de Homegrown hai 2 anos e finalmente o último e definitivo (agardo) tráiler de Homegrown o 20 de abril (420 pilládelo non?) A crew de DUB está plagada co finest do bmx inglés (Lacey, Lewis, Bengo, Ditchburn e un longo etc.) e sabedes que o resultado vai ser un vídeo para ver cos colegas fumando ben e pasándoo moi ben.







Moi preto do vídeo de DUB a marca que domina as mentes das masas bmxeiras, Cult. Talk is cheap é o seu segundo vídeo longo despois do que xa é un clásico Let 'em talk. Aínda se non sabedes inglés intuiredes a mensaxe detrais dos dous títulos, e non é outra (de acordo a como o interpreto eu) que deixar que os seus vídeos falen por eles; e non falan, BERRAN. Dakota Roche, AK, Chase Dehart, Chase Hawk... todo o mundo se relaciona con algún dos riders se Tony Ennis era o responsable do vídeo de Deadline, Ryan Navazio é o de Talk is Cheap, polo que sabedes que pagades por calidade.








Por último e non por iso menos importante o vídeo de Subrosa, G.U.T.I. (Get Used To It) Os vídeos que puxen anteriormente sulaparon outro vídeo que eu polo menos espero con gran ansia. O primeiro tráiler enrolloume moito máis que o segundo, e é que desgraciadamente o equipo de Subrosa perdeu compoñenetes que lle outorgaban máis interese ao vídeo (Seamus Mckeon marchou para Ezra, Drew York marchou para Verde, Miles Rogoish marchou para Cuntis) Con todo, aínda contan entre as súas filas con xente coma Lahsaan Kobza, Scott Ditchburn (outra vez), Hoang Tran... Moi a ter en conta!


Compredes un, todos ou ningún eu teño que claro que algo vou facer ao respecto, e así como vexa algún de eles xa vos achegarei un resumo do vídeo para alentarvos a collelos!










Sem comentários:

Enviar um comentário