Os novos Lotek; fre$h!!
Almond tamén quere un sitio nos corazóns dos bmxes e sobretodo nos seus pés.
Como xa puidestes ver antes no blog, parece que os de Wethepeople/Éclat están a experimentar coas cores dos seus produtos; gosto!
O buque insignia de Shadow, a cadea Interlock V2, parece que vai sufrir un lavado de cara para o novo ano; vai ser interesante ver como poden mellorar a que se considera unha das mellores cadeas no bmx (tamén unha das máis caras!)
Dakote Roche ten agora o seu colorway do cadro Deathrow para Cult, así como Chase Hawk ten o seu do Bad Boy. Está claro que os de Cult viron que Dehart é o que máis vende polo que ata o momento é o unico coa honra de ter un cadro propio.
Falando de colorways, a locura de Kyle Hart para Subrosa. Comentar ademais que a cadro con dobre tubo superior fai o seu retorno por demanda popular. Favorito persoal este fluorescente!
Seguindo con Subrosa este candado bastante minimalista e discreto.
DUB Jack e Federal colaboraron para crear o cadro que supoño que levará por nome ''Chiller''. Non é necesario ser un xenio para anticipar o moito que vai vender!










Sem comentários:
Enviar um comentário