06/01/13

Putos orixinais

2013 está sendo de lonxe o ano no que máis mudanzas está a haber con respecto aos spónsors no mundo do bmx. Por moito que se queira negar, a nosa ama de casa interior treme coa curiosidade de saber por que se produciu a separación de cada unha das partes: drogas, lesións ou simplemente perda de interese. Estes son os casos que máis me chamaron a atención (e os únicos que me importaban unha merda)



Eddie Cleveland Fit-Stranger


Mito, pioneiro do street sen pegs e unha das miñas inspiracións desde que ando na bmx. Ademais de todo o anteriormente mencionado, Eddie era unha reminiscencia daquel Dream Team de Fit antes de toda a telenovela de Cult, que decidiu ficar en Fit xa que era a opción máis acomodada. Por todos era sabido que Eddie levaba moito tempo sen producir (o material máis recente que ten na web é aquel vídeo onde se documentaba un día na súa vida) e era cuestión de tempo que Fit empezara a facer moves para compoñer un equipo con xente nova de cara a vender (últimas novas! o bmx TAMÉN é un negocio) Cando souben de isto non puiden evitar sentirme algo triste por ver como unha era chegaba á súa fin, pero afortunadamente souben que agora Eddie está montando para Stranger (onde prometen moito material de Eddie para o 2013) polo que agardo ver cousas súas en vídeos con sobredose de psicodelia e bars/whips estilosos.


Chase Dehart Cinema-Animal



Cinema, a compañía de rodas sospeitosamente simples que empezou a aparecer no 2008 (aquí) optou polo seguro e confeccionou un equipo composto unicamente por heavy hitters, entre os cales estaba o Chase Dehart. Recordemos que Dehart empezou a montar para Cinema pouco despois de deixar The Shadow Conspirancy, onde produciu excelentes vídeowebs (o de Cinema en Phoenix e sobretodo o de Cinema X Fiend) Era sabido que sendo de South Jersey Dehart era colega dos de Animal, facendo pequenos cameos en vídeos e recibindo algunha que outra peza para a súa bici. Este movemento déixame con dous pensamentos enfrontados: non hai marca máis real e auténtica ca Animal e Chase é perfecto para ela, pero todos sabemos da relaxada política de Animal no que respecta aos webvídeos, polo que moi seguramente veremos menos material na rede (gratis) do tipo.


Chase Hawk Vans-Etnies


Definitivamente o caso menos relevante, xa que todo casa perfectamente e resulta lóxico. Pensade en Etnies:  Aaron Ross (un dos seus mellores colegas), Chase D (outro máis), un fato de mitos do bmx (Alcántara, Joe Rich) Algúns coma min seguimos esperando a que volva a Lotek ;)

Sem comentários:

Enviar um comentário