Este tío... posiblemente no top 5 de riders máis creativos na actualidade. Ademais de montar en spots nos que ti nin sentarías para fumar un chusco, méxase en todas as tendencias do bmx actual (excluíndo a súa obsesión co footjam nosepick) De facer un vader jam co pé nu ata montar no xeo, grindar unha varanda durante unha puta treboada, facer natas spins e finalmente un banger vestindo unha cami cun dinosauro ben guapa.
Sem comentários:
Enviar um comentário