06/01/13

The Albion #7


O meu descanso temporal do blog fixo que chegara unha semana tarde a esto. Seguramente a gran parte de vós xa lestes todo, e para os que non deixádeme dicirvos que ese reportaxe a Garrett ben merece toda a vosa atención. O redactor de The Albion estivo a pasar un tempo coa xente de Deadline e escribiu un artigo (nada que ver cunha entrevista común) onde explora o entorno de Garrett; os amigos que o rodean, a zona onde creceu ou a súa carreira como bmxer profesional, ademais de tratar de describilo da maneira máis humana posible para os que nos estamos familiarizados con el (hai algunha maneira de que Garrett poda pasar por humano normal?) Hai cousas realmente curiosas como que Sunny Delight (a marca de bebidas refrescantes) chegou a ofrecerlle patrocinio ou que decidiu fundar Fiend porque non paraba de romper pezas Premium (entre outras razóns)

Ademais da reportaxe con Garrett achei interesante a realizada a Scott Ditchburn onde se narra como van pillar setas el e outros dos de DUB, como foxe dun helicóptero da policía ou cando Bruno Hoffman viu a un tipo aforcándose na rúa oposta á DUB house.

Sem comentários:

Enviar um comentário