27/02/13

DRDB Reup***






Como ben saberedes, Charlie Crumlish e Craig Passero fixeron oficial que abandonaban Stranger. Como tamén ben saberedes, o meu corazón chorou brevemente porque é a marca que máis sigo (vídeos, produtos, riders) e estes dous conformaban a súa columna vertebral. Agora mesmo non sei se sinto curiosidade e emoción por ver como se van desenvolver os feitos (a que marcas marchan eles e como se amaña Stranger para volver ter un equipo tan forte) ou medo. Esperemos que esta mudanza sexa positiva para ambas partes!

Os vídeos que publiquei son, por un lado, un dos vídeos que Craig gravou para Stranger onde sae pegless brakeless, 2 pegs e brakeless e pegless con freno. Moi interesante ver como se desenvolve con cada un de eles. Por outro lado está a promo de Charlie do seu Coastersaurus montando en Austin con luces incluídas.

Sem comentários:

Enviar um comentário