27/02/13

''Hot and sweaty'' Mixtape


Sabía do tráiler desta mixtape, pero por algunha estrana resaca non cheguei a coller o vídeo cando saiu no seu momento. Este vídeo recolle o riding de toda a xente de South Jersey (algúns de eles xa apareceron na mixtape de Hot Butter ''On the move'') Resulta un pouco desconcertante ver este tipo de riding e spots en HD, pero ao meu parecer o resultado é excelente. Son 21 minutos de vídeo, pero se sodes de eses que só ven vídeos onde saen pros, pasade ata o minuto 11:56 aproximadamente para ver os clips do Chase Dehart editados a un puto temazo de Araabz Muzik.

Sem comentários:

Enviar um comentário