18/03/13
SS
Con SS non me refería á garda personal do Hitler, senón á Simple Session que tivo lugar esta fin de semana no caso de vivirdes debaixo dunha pedra. O máis interesante para min sempre é a competición do mellor truco, e este ano sorprendentemente pasárono da clásica varanda a un conxunto de caixóns (que valla como exemplo do populares que son os trucos en caixón hoxe en día) Ademais dos que se mostran no vídeo, houbo varios interesantes como un feeble hard 180 lookback do Kyle Hart que seguro habedes ver noutros vídeos. Ademais desto quería destacar algúns feitos totalmente atrapallados:
1. Todo pro de 4 pegs facendo o puto over crankslide e 180 crooked nas varandas. Chámame a atención que se queixen tanto do riders de park repetindo trucos cando en street (menos nalgúns casos) acontece exactamente o mesmo.
2. Devon Smilie con 420 puntos e rondas impecables, Simone Barraco copiándolle as rondas ao Alex Kennedy, Mathias Dandois facendo os mesmos trucos que fai no seu garaxe, Sebastian Keep co whip en funbox máis guapo que vin xamais e Dan Paley case planchando un nosebonk 720 no spine.
3. Fiquei contento coa victoria do Kevin Peraza xa que sempre que o vías montar tiña unha actitude moi guai ademais de planchar absolutas burradas de trucos.
4. Creouse moita polémica co feito de se separar a competición en street e park, mais eu creo que precisamente a combinación de riders que non teñen nada que ver nas rondas dálle un certo aliciente, aínda que por outro lado dificulte moito máis o traballo aos xuíces (como vas comparar un 360 downside whip bars cun 180 barspin crooked??)
5. Estrañei este ano xente coma Garrett Reynolds, Ty Morrow, Chad Kerley... Un pouco máis de beef entre street estadounidense e europeo. En xeral encontrei este ano algo máis frouxo que edicións anteriores.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário