Mostrar mensagens com a etiqueta Simple Session. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Simple Session. Mostrar todas as mensagens
18/03/13
SS
Con SS non me refería á garda personal do Hitler, senón á Simple Session que tivo lugar esta fin de semana no caso de vivirdes debaixo dunha pedra. O máis interesante para min sempre é a competición do mellor truco, e este ano sorprendentemente pasárono da clásica varanda a un conxunto de caixóns (que valla como exemplo do populares que son os trucos en caixón hoxe en día) Ademais dos que se mostran no vídeo, houbo varios interesantes como un feeble hard 180 lookback do Kyle Hart que seguro habedes ver noutros vídeos. Ademais desto quería destacar algúns feitos totalmente atrapallados:
1. Todo pro de 4 pegs facendo o puto over crankslide e 180 crooked nas varandas. Chámame a atención que se queixen tanto do riders de park repetindo trucos cando en street (menos nalgúns casos) acontece exactamente o mesmo.
2. Devon Smilie con 420 puntos e rondas impecables, Simone Barraco copiándolle as rondas ao Alex Kennedy, Mathias Dandois facendo os mesmos trucos que fai no seu garaxe, Sebastian Keep co whip en funbox máis guapo que vin xamais e Dan Paley case planchando un nosebonk 720 no spine.
3. Fiquei contento coa victoria do Kevin Peraza xa que sempre que o vías montar tiña unha actitude moi guai ademais de planchar absolutas burradas de trucos.
4. Creouse moita polémica co feito de se separar a competición en street e park, mais eu creo que precisamente a combinación de riders que non teñen nada que ver nas rondas dálle un certo aliciente, aínda que por outro lado dificulte moito máis o traballo aos xuíces (como vas comparar un 360 downside whip bars cun 180 barspin crooked??)
5. Estrañei este ano xente coma Garrett Reynolds, Ty Morrow, Chad Kerley... Un pouco máis de beef entre street estadounidense e europeo. En xeral encontrei este ano algo máis frouxo que edicións anteriores.
13/03/13
Estonia e a Simple Session
Un ano máis, a capital de Estonia vólcase ao 200% no bmx coa que é a mellor competición do ano recoñecida de forma unánime por todos os pros que asisten. Para que podamos facernos unha idea de ata que punto o viven, vede na imaxe superior unha pizza nomeada polo Brett Banasiewicz aka Maddog, a cal contén os seus ingrendientes favoritos e destinará 50 céntimos dos 6,90 € que custa para axudalo economicamente na súa recuperación. Aínda sendo unha frikada importante, non resulta tan sorprendente xa que é o tío cos mellores trucos en funbox e por tanto o que máis quere o público de Tallin.
PD: Información extra para todos vós. Este ano Simple Session firmou a súa sentencia de morte xa
que convidou a nada menos que ao Mike Hoder. Vanse acordar deste ano e deste fulano!
13/01/13
Diogo Santos na Simple Session
Despois de facer verdadeiro ruído co seu terceiro posto na Rebel Jam, Diogo está a continuar co seu plan de dominación mundial e estará este ano en Estonia co resto dos rippers da Simple Session. Desexámoslle de todo corazón que parta todo á mañá e sobretodo á noite (por todos é sabido que o de ir montar son os pais, o que interesa en Estonia son as cachorras) e que non se poña triste porque non haxa licor café bo coma o de Vigo, haha. Se para cando mo poda permitir non ten demasiados spónsors dicíndolle que facer, asgurareime de mandarlle algo de flavor de Dorightdobikes para que represente!!
PD: Recentemente soubemos que estaba sendo patrocinado por Vans, pero honestamente o vídeo non me enrollou nada e descartei o de postealo. Podedes botarlle un ollo aquí (parabéns con retraso bossman!)
03/04/12
Gabe Brooks insane bunnyhop
Se vos dixera que había que prestarlle atención a Gabe Brooks na Simple Session era por algo...
Aquí tedes o vídeo do seu bunny de 49'' ou 1,24 metros para nós. Despois de perder contra Chad Kerley na competición oficial o propio Gabe dixo de elevar o listón das 45,5'' directamente ás 49'', xa que fora xusto nesa medida onde quedara anteriormente na Texas Toast Jam. Beast!!
Aquí tedes o vídeo do seu bunny de 49'' ou 1,24 metros para nós. Despois de perder contra Chad Kerley na competición oficial o propio Gabe dixo de elevar o listón das 45,5'' directamente ás 49'', xa que fora xusto nesa medida onde quedara anteriormente na Texas Toast Jam. Beast!!
31/03/12
Simple Session shredders 2ª parte
Esta vez obtidas da páxina do facebook do Simple Session:
Ben Lewis de icepick na varanda. Todos sabemos que foi máis pola festa que por montar!
Dillon Lloyd de crankslide.
Dylan Stark na súa primeira visita a Estonia facendo un truco do que sabía o nome e que levo 30 minutos a buscar. Sen éxito ata o momento
Simple Session shredders
Roubei estas fotos do Instagram de RIDEUK:
Alex Kennedy fixo hoxe unha moi boa actuación con rondas moi sólidas que fixeron que se mantivese no 1º posto durante un tempo finalizando nas clasificatorias de hoxe en 10ª posición. Get 'em AK!!
Dan Lacey foi a nota negativa de hoxe cunha desafortunada caída, sendo necesaria atención médica para retiralo da pista. Non teño noticias aínda do seu estado pero estarei atento. Gabe Brooks por o contrapunto sendo a súa primeira Simple Session e realizando unha boa actuación.
Simple Session taking over
Estiven estes días afastado do blog pero penso volver duro! Como xa sabedes esta fin de semana está tendo lugar na cidade de Estonia Tallinn a mellor competición de bmx anual. Eu sinceramente non teño as ganas nin o tempo de ver toda a retransmisión enteira (no caso de que sexades mellores ca min, ide aquí para velo) polo que prefiro vídeos cos mellores clips coma este de Vital. O que vos deixo e o do día de hoxe, e podedes ver o de onte aquí.
Entre os highlights o uprail de Gabe Brooks a superman (fixádevos nos movementos ninja que ten para non atrapar!), o 180 a fakie full cab de Alex Kennedy baixando ou o gap a over double peg de Josh Harrington que sempre fai moi boas actuacións na Simple.
2012 Simple Session: Day 2 Practice | Vital BMX
Entre os highlights o uprail de Gabe Brooks a superman (fixádevos nos movementos ninja que ten para non atrapar!), o 180 a fakie full cab de Alex Kennedy baixando ou o gap a over double peg de Josh Harrington que sempre fai moi boas actuacións na Simple.
2012 Simple Session: Day 2 Practice | Vital BMX
19/03/12
Simple session 2012
Achégase cada vez máis a que é amplamente considerada a mellor competición anual de BMX. Atopei na páxina de Shadow a disposición dos módulos deste ano (co toque Shadow do ataúde a modo de grindbox) ademais de saber que o mellor do seu equipo (Drew Bezanson, Simone Barraco ou Scott Ditchburn) van estar aí. Putos bangers!
15/01/12
Non tan Simple Session
Subscrever:
Mensagens (Atom)





