10/07/13
OSS ''Ruin your whole summer''
Xa desde que vin ao Adam22 empregar o hashtag #ruinyourwholesummer sospeitaba a publicación dun novo vídeo longo da crew con base en Long Beach, CA. Son 30 minutos de riding por parte de todo o team de OSS con seccións completas de Alex Raban, Craig Passero, Mono, Charlie Crumlish, Zach Krejmas Alex Donnachie e máis. Todo o vídeo está editado con rap (Gucci Mane, Riff Raff, etc.) e a edición está firmada polo Chuck Crumlish polo que sabedes que sabedes todas as paranoias e triposidades do vídeo. É interesante dicir que é o primeiro vídeo longo de OSS gravado en HD (Football e Denver Nugs foron gravados coa clásica Panasonic de Mike Mastroni)
Acompañando a publicación do vídeo tamén están á venda os novos deseños de OSS (algúns de eles moi moi cutres na miña opinión) que podedes adquirir na tenda de TCU.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário