08/01/14

DRDB Reup



Actualmente encóntrome no dilema con moitos riders nos que non estou seguro se detesto os 4 pegs ou os amo. Aínda que a moitos dos riders lles favoreceu enormemente aceptar a nova tendencia dos 4 pegs (Nathan Williams é un exemplo que me vén á cabeza) outros vense totalmente forzados e fóra de lugar. Pois ben, este tipo, Daniel Johnson, é para min un exemplo de como os 4 pegs son positivos e se ven brutais; spots tochos nos que cambia de switch ao seu lado natural sen case nos decatar ademais de ter un estilo moi agresivo mentres o realiza. Etnies tamén sabe isto e por iso agora lle paga ata os calcetíns ao colega.

PD: FUCK este tempo queremos montar!!

Sem comentários:

Enviar um comentário