08/01/14

Vídeoentrevista Adam22



Probablemente todos coñecedes xa a Adam22 (fundador de Thecomeupbmx e Onsomeshit)
Hoxe publicouse este vídeo no que fala un pouco de como chegou á posición na que está agora. Personalmente destacaría a parte na que trata o tema da exposición do bmx ao público por medio de xente como foi Dave Mirra ou actualmente alguén coma Nigel. Sempre foi unha das cousas nas que máis respectei a Adam e todo o seu traballo; o seu esforzo por facer que o bmx sempre aspire a algo superior, a chegar a máis medios e a tratar de envolver a máis e máis xente dunha forma auténtica (nada de X-Games nin Dew Tour) neste rollo que queiramos ou non rixe tanto a miña vida como (se estades lendo isto) probablemente as vosas.

Aínda que unha tenda de bmx e roupa en xeral sexa unha idea totalemente inviable no país de paletos no que vivimos pensade canto molaría ter algo similar aquí?

Sem comentários:

Enviar um comentário