Un ano máis, a capital de Estonia vólcase ao 200% no bmx coa que é a mellor competición do ano recoñecida de forma unánime por todos os pros que asisten. Para que podamos facernos unha idea de ata que punto o viven, vede na imaxe superior unha pizza nomeada polo Brett Banasiewicz aka Maddog, a cal contén os seus ingrendientes favoritos e destinará 50 céntimos dos 6,90 € que custa para axudalo economicamente na súa recuperación. Aínda sendo unha frikada importante, non resulta tan sorprendente xa que é o tío cos mellores trucos en funbox e por tanto o que máis quere o público de Tallin.
PD: Información extra para todos vós. Este ano Simple Session firmou a súa sentencia de morte xa
que convidou a nada menos que ao Mike Hoder. Vanse acordar deste ano e deste fulano!